05/08/2008: Dispoñible a Guía de vantaxes e medidas de apoio a persoas con discapacidade.
07/07/2008: A Xunta aproba o proxecto da Lei Galega de Servizos Sociais, co obxecto de superar a visión asistencial destes servizos para convertelos nun dereito da cidadanía.
O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei galega de servizos sociais, o marco normativo a partir do que se vai desenvolver o Sistema Galego do Benestar.
Con esta nova normativa, o Goberno galego pretende superar a visión asistencial dos servizos sociais que ata agora existía no noso país, permitindo que os servizos sociais deixen de ser algo asistencial e conxuntural para converterse nun dereito da cidadanía.
NOTA INFORMATIVA COMPLETA
Descargar o Proxecto de lei
29/04/2008: Programa GALIZA NATURAL.
O Programa GALIZA NATURAL implantouse no 2007, froito da colaboración entre a Consellería de Industria e Innovación e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para levar a cabo programas de envellecemento activo e saudable dirixidos a persoas maiores e promover a máxima utilización e optimización dos recursos turísticos Posibilita o coñecemento da realidade actual e do patrimonio histórico-cultural do noso país mediante a estancia, de 5 días con 4 pernoctacións, en establecementos de turismo rural da Comunidade Autónoma Galega. |